Category:Gl:Dependente do sentido
Esta páxina é un intento de recompilar tódalas etiquetas que se amosan sensíbeis á inversión do sentido na dirección do camiño. Cando as etiquetas que figuran deseguido están presentes nun elemento lineal ou camiño, tense que ter especial coidado ó inverter o sentido direccional do mesmo.
Tódolos camiños no OpenStreetMap teñen un sentido direccional asociado a eles porque se representan coma unha sucesión "ordenada" de nós. As relacións serviron para ordenar colecións de outros obxectos dende a API 0.6, e debido a que poden conter camiños (que están do mesmo xeito ordenados), as relacións tamén poden ser sensíbeis á inversión de sentido dos camiños dentro delas.
- Só os elementos empregados para definir características (features) lineais e que posúan etiquetas específicas teñen un sentido direccional significativo, tales coma estradas "unidireccionais", ferrocarrís ou ríos (polo seu sentido natural do fluxo).
- Tamén algunhas etiquetas engadidas a estes elementos lineais poden ter sub-claves
:left
,:right
,:forward
ou:backward
para restrixir a súa semántica segundo o sentido direccional do elemento. - Estes elementos lineais ou camiños (incluso aqueles que non están etiquetados por si mesmos) poden tamén ser empregados coma membros de relacións con semellantes roles de
forward
oubackward
, cuxa interpretación depende do seu sentido. - Case tódolos outros camiños que só se empregan con funcións de límites exteriores (
outer
) ou interiores (inner
) de áreas non teñen un sentido direccional significativo, agás (por razóns técnicas) aqueles que serven para definir liñas costeiras, xa que as liñas de costa son moi longas arredor dos continentes: as liñas de costa teñen que ser debuxadas en sentido contrario ás agullas do reloxo para que a terra interior fique á esquerda, e o mar exterior á dereitaa).
O sentido direccional do camiño ou elemento lineal pódese ollar representado no mapa se unha rúa ten a etiqueta oneway=yes, no Potlatch a través dunha pequena frecha no camiño, no JOSM cunha punta de frecha en cada treito, e no Osm2go con frechas-treitos que se fan visíbeis cando un camiño é seleccionado. Forward & backward, left & right contén detalles sobre a visualización do sentido dos camiños nos editores.
- O editor iD ten unha listaxe de etiquetas que implican sentido único (oneway-ness): https://github.com/openstreetmap/iD/blob/master/modules/osm/tags.js
Pages in category "Gl:Dependente do sentido"
This category contains only the following page.