Gl:Elementos

From OpenStreetMap Wiki
(Redirected from Gl:Elements)
Jump to navigation Jump to search

A cartografía do OpenStreetMap (OSM) contén 3 tipos de elementos básicos ou primitivos:

A estes elementos se lles engade unhas propiedades mediante etiquetas (tags) que identifican os trazos especiais que teñen cunha clave ou chave (key) e un valor (value).

Por exemplo, unha autoestrada estará representada por unha liña cuxo atributo que a identifica como tal é highway=motorway (neste caso highway sería a clave e motorway o seu valor). Todas as interfaces de uso de edición de elementos do OSM (Potlatch, JOSM, Merkaartor, etc.) permiten inserir claves e valores.

Os elementos básicos teñen equivalentes na base de datos interna do OpenStreetMap coma Datos primitivos.

node

Elemento nó

Os nós son o elemento básico do esquema de datos do OSM. Os nós son puntos xeorreferenciados nunha latitude e lonxitude determinada (un só punto xeospacial)

Polo xeral non rexistramos a terceira dimensión, a altura ou Z, senón que esta é realizada a través dunha etiqueta asociada ó nó. Por exemplo:

name=Cumio Loureiro <-- Nome asignado ó punto
natural=peak <-- Elemento físico: cume montañosa
ele=2570 <-- Altitude en metros

Os nós son necesarios para definir unha liña, xa que varios nós unidos forman unha vía (way) (ollar máis adiante), pero un nó amais pode ser un elemento independente que represente unha cabina de teléfono, un bar, calquera outro "lugar" con outra etiqueta ou calquera outro punto de interese (PDI). Cada nó independente tería que ter sempre polo menos unha etiqueta coma, por exemplo, amenity=telephone.

Os nós que forman parte dunha liña non teñen etiquetas propias (únicamente as posúa a liña), aínda que esta regra non é inamovíbel. Por exemplo, un nó pode etiquetarse railway=level_crossing para sinalar que existe un paso a nivel nese punto, e á súa vez forma parte dunha vía ferroviaria cuxa liña está etiquetada coma railway=rail

Vía way

Elemento liña

Unha liña ou vía é unha interconexión de polo menos dous nós que representa un elemento linear coma unha rúa ou semellante. Os nós poden formar parte de varias liñas.

Unha vía caracterízase polas súas propiedades uniformes. Isto é, por exemplo, unha mesma xerarquía (autoestrada, estrada local, etc.), mesmo tipo de superficie, mesma velocidade máxima permitida, etc. As liñas poden dividirse de xeito posterior en treitos máis pequenos se existen diferentes propiedades (por exemplo, se unha rúa ten un único sentido esta sección sería unha liña diferente a aquelas que tiveran dobre sentido, malia que compartiran o mesmo nome).

Para ser considerada coma completa unha liña ten que ter polo menos unha "clave" cun "valor" válido. Ollar: Map Features

Área area (vía pechada closed way)

Elemento área

As áreas non son elementos reais. Estas formas créanse e péchanse dacordo coas etiquetas que se lles asignaron. Neste intre non existe outra diferenza entre unha forma circular pechada e unha área. Por exemplo, ti podes debuxar unha liña sen pechala e asignarlle a etiqueta landuse=residential e será considerada unha área, do mesmo xeito que se tiveses a liña pechada.

Porén as áreas son, polo xeral, as superficies pechadas. Polo tanto, son empregadas por separado. As zonas son pseudo-elementos.

As áreas teñen que ter polo menos unha "clave" cunha "valor". Ollar: Map Features.

Para mapas nos que se precisa representar "buratos" nunha área, por exemplo un claro nun bosque ou un edificio cun grande patio interior, teñen que empregarse as relacións de tipo multipolígono.

Relación relation

Unha relación pode agrupar a outros elementos coma nós e/ou vías, así coma outras relacións entre si. Os elementos son "membros" da relación e cada un dos membros ten un "rol". Ó igual que con outros tipos de elementos, unha relación pode ter un número arbitrario de etiquetas.

Polo xeral a relación ten que ter unha etiqueta 'type' (tipo) que define o tipo de relación entre os elementos. As relacións poden ser empregadas para representar cousas coma rutas ciclistas, restricións de xiro ou para representar áreas con "illas" a modo de aneis por exemplo. Para atopar documentación sobre os diferentes tipos de relación (e propostas de novos tipos), ollar a páxina Relations.

Ten en conta que a orde dos elementos existentes dentro dunha relación non é irrelevante e este pode ter un significado na relación que estás a construír.

Membro member

Un membro consiste nun rol e un único nó, vía ou relación. É asignado a unha relación.

Rol role

Un rol describe cal é o papel que ten un nó, vía ou relación.

Etiqueta tag

Unha etiqueta non é máis que unha propiedade que se asocia a un elemento (nó, vía ou relación) para definir un trazo deste. Estas propiedades son pares clave:valor que describen ese elemento. Por exemplo a etiqueta highway=residential aplicada a unha vía defínea coma unha rúa urbana.

Claves ou chaves key (keys) e valores value (values) son cadeas de caracteres Unicode dunha lonxitude variábel. Co fin de garantir que outros usuarios do OpenStreetMap e aplicacións que fan uso destes datos poidan interpretar estas etiquetas dun xeito lóxico e normalizado, aínda que non estamos obrigados a facelo é recomendábel, a seguir certas regras no marcado de atributos para os elementos do mapa, as cales poden consultarse na páxina Map Features.

Nota histórica: Segmentos

Antigo elemento segmento. Xa non se emprega!!

Até setembro do 2007 no OpenStreetMap existía outro tipo de elemento chamado "Segmento". Coa migración á versión 0.5 do Protocolo os segmentos coma elementos no OSM deixaron de existir e o concepto xa non se emprega dentro das interfaces de edición. Deste xeito, a partir desa data, unha vía pasou a ser sinxelamente unha listaxe de nós.

Ollar tamén