Gl:Key:wheelchair
wheelchair |
Descrición |
---|
Indica se un lugar concreto é accesíbel pra cadeiras de rodas. |
Grupo: Propiedades |
Empregado nestes elementos |
Estado: aprobada |
Ferramentas para esta etiqueta |
Esta etiqueta pode ser empregada pra sinalar lugares ou viais que están adaptados pra seren empregados polas cadeiras de rodas e polas persoas que empregan outros aparellos de mobilidade (como é unha andadeira). Só podería ser empregada se estás seguro/a dela, sexa porque hai un sinal especial que o indica, por experiencia persoal ou porque alguén que emprega cadeira de rodas así cho dixo. Tamén hai moitas outras etiquetas que podenche axudar a sopesar se o vial é accesíbel a cadeiras de rodas. Se non estás seguro/a, engade máis información en description=* ou wheelchair:description:gl=*.
Valores comúns
wheelchair=yes
As cadeiras de rodas teñen acceso total e sen restriccións. Nos EE.UU. emprégase esta etiqueta pra marcar un lugar que concorda coa Americans with Disabilities Act (ADA).
- entrada: sen chanzo
- estancias: sen chanzos
wheelchair=limited
As cadeiras de rodas teñen acceso parcial (é dicir, algunhas áreas son accesíbeis pero outras non; áreas que requiren a axuda doutra persoa pra subir a elas).
- entrada: pode ter un chanzo, mais non maior de 7 cm ('longo dunha man')
- estancias: as estancias máis importantes non teñen chanzos
wheelchair=no
Non hai acceso sen restriccións pra cadeiras de rodas (p. ex. acceso só por escaleiras).
- entrada: ten chanzo máis alto de 7 cm
- estancias: as estancias principáis non son accesíbeis
wheelchair=designated
O vial ou lugar está deseñado ou construído sóamente pra cadeiras de rodas (p. ex. ascensores deseñados pra o acceso únicamente pra cadeiras de rodas). Empréganse raramente.
Nota: Non hai valor por defecto pra acceso a cadeiras de rodas. A etiqueta wheelchair=no adoita ser empregada pra indicar explícitamente que un lugar non é accesíbel pra cadeiras de rodas.
Exemplos
Viais
- se hai escaleiras pero non hai rampa.
(Consello: Pensa sempre en cadeiras de rodas eléctricas e pesadas que non poden subir chanzos.)
Puntos de interese
Parada de autobús
- highway=bus_stop
- wheelchair=yes (se hai un freo alto para facilitar o acceso ó autobús, ou tódalas liñas de autobuses e a tódalas horas dispoñen de rampas ou elevadores.)
- wheelchair=limited (se paran autobuses con rampas ou elevadores en só algunhas rutas ou algunhas horas. Engadir máis información coa etiqueta wheelchair:description=* tag.)
- wheelchair=no
Hotel
- tourism=hotel
- wheelchair=yes
- wheelchair:description:gl=3 habitacións
Cecáis queiras engadir a etiqueta website=* ou operator=* por se engaden máis información.
Cinema
- amenity=cinema
- wheelchair=limited
- wheelchair:description:gl=7 prazas
- se as persoas con cadeira de rodas teñen que procurar axuda ou pedir unha chave ou se non tódalas gradas son accesíbeis sen escaleiras. Engade máis información coa etiqueta description:gl=*.
Cecáis queiras engadir a etiqueta website=* ou operator=* por se engaden información máis detallada.
Museo
- tourism=museum
- wheelchair=yes
- wheelchair:description:gl=tamén ofrece visitas guiadas pra persoas en cadeiras de rodas
Aseos
Hai dous tipos de aseos:
Aseos que pertencen a un punto de interese ou a un edificio
Por exemplo os aseos dun restaurante.
toilets:wheelchair=yes
O lugar conta con un ou varios aseos que son accesíbeis a persoas en cadeiras de rodas.
Os criterios pra considerar aceptabel a accesibilidade son os seguintes:
- Longo interior da porta de entrada: mínimo 90 cm
- Espazo libre no interior: mínimo 150 x 150 cm
- Asento do WC de altura para cadeira de rodas
- Barras de apoio
- Lavabo accesible
toilets:wheelchair=no
O lugar non conta con aseos accesíbeis pra persoas en cadeira de rodas.
Aseos públicos
É dicir, aseos xestionados por administracións públicas. Por exemplo, os aseos nun parque.
- amenity=toilets
- wheelchair=yes (se están equipados completamente con barras de apoio, ren de chanzos, porta suficientemente longa (ancha), etc. Tamén usar esta etiqueta no caso de só ter que pedir unha chave)
- wheelchair=limited (se as portas son suficientemente anchas e non hai escalóns)
- wheelchair=no (se as portas non son dun mínimo de 60cm de ancho, se hai escalóns, se hai curvas estreitas ou outras barreiras)
- wheelchair:description:gl=describe aquí as limitacións
Liñas de transporte público
- wheelchair=yes (se todos os vehículos da liña poden transportar persoas en cadeira de rodas)
- wheelchair=limited (se só algúns dos vehículos da liña poden levar persoas en cadeira de rodas)
- wheelchair=no (se ningún dos vehículos da ruta poden transportar cadeiras de rodas)
Iconas de sinalización de exemplo
- wheelchair=yes -
- wheelchair=no -
Fontes de datos
Reino Unido
Representación
- wheelmap - wheelmap.org O cal utiliza só wheelchair=* pero non capacity:disabled=*. É un proxecto que amosa información de accesibilidade para cadeiras de rodas nun mapa
- OSM Query Localizador xeral de puntos de interese. wheelchair=yes e wheelchair=limited son representadas por iconas.
Ver tamén
- toilets:wheelchair=*
- Proposed features/DisabilityDescription - para engadir descripcións de especial relevancia para persoas discapacitadas.
- Proposed features/Steps features
- Category:Disabilities
- Category:Walking Disability
- Approved features/wheelchair
- Wheelchair routing (menciona por exemplo as etiquetas Key:incline, Key:surface, Key:smoothness e Key:width para etiquetar algunhas propiedades físicas dos viais que poden ser relevantes no que respecta á accesibilidade de cadeiras de rodas) e o proxecto alemán DE:Rollstuhlfahrer-Routing
- capacity:disabled=* aporta información sobre capacidade para persoas discapacitadas