Wiki:Gl:Bosquexos ou croquis
Hai moitas páxinas que son bosquexos ou croquis nesta wiki. Unha páxina é etiquetada como bosquexo {{tag stub}}/{{key stub}} se a páxina é moi curta con só información imprescindíbel. Este non é necesariamente un problema, pero é un xeito de convidarte pra engadir máis información se pensas que será útil e se sabe sobre o tema.
Porén, algunhas páxinas ficarán como bosquexos moito tempo, por exemplo, é bastante común ter unha páxina na wiki de OpenStreetMap sobre un sitio web externo, cunha curta descrición e unha ligazón. Lóxicamente a ligazón externa é un pouco informativa, pero a páxina dános un espazo pra describir o tema dentro dos termos do OpenStreetMap e facer calquera outro apuntamento que precisemos facer.
Ás veces, as páxinas están etiquetadas como bosquexos só pra que máis xente as revise (aínda que esa non é a intención), e noutras ocasións pra que máis persoas sexan coñecedoras diso pra poder editalo. O obxectivo sempre debe ser facer que as descricións sexan mellores, de xeito que as documentacións desta wiki abarcan todos os temas que se pretenden cubrir.
Facendo novos bosquexos ou croquis
A creación de novos bosquexos está en constante movemento. Temos que comezar nalgún lugar, e unha páxina na wiki moitas veces comeza a vida coma un bosquexo. Ollar: Mediawiki Help:Starting_a_new_page. Xeralmente o seu novo bosquexo servirá de ligazón dende polo menos outra páxina wiki. En realidade as páxinas que desexamos ligar dende varios lugares diferentes (listaxes por exemplo) son un tipo de páxina particularmente útil pra crear.
Eliminando as etiquetas de bosquexo
Se unha páxina da wiki ten varias seccións ou parágrafos, probablemente fai falla ir eliminando a etiqueta de bosquexo. Por favor, sé valente pra borrar a etiqueta se vostede ou alguén máis engadiu información.
Temos outras etiquetas pra outros tipos de mantemento da wiki.