Talk:Gl:WikiProject Cesión dos datos da Xunta de Galicia

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Parroquias

Como deberíamos mapear as parroquias na importación?

Eu considero importante aclarar moito este proceso, xa que o mapeado actual mistura núcleos con territorios e en moitos casos están sendo mapeados para o Render.

Por un lado temos os núcleos (vilas e aldeas que están distribuidas pola parroquia), e por outro está o territorio da parroquia. En moitos casos este territorio está cartografado como place=village ou place=borough. O primeiro consideroo moi incorrecto porque é claramente un núcleo definido, o segundo, sendo aínda un pouco mapear para o render, non está mal de todo, porque borough indica un territorio (aínda que sexa urbano). A etiqueta máis especifica é a de place=civil_parish, que se utiliza tamén en Irlanda, e, aínda que non as reflexe o Render, considero a máis correcta.

A relación type=boundary permite engadir dous nodos con role: label e admin_centre. Para label temos que escoller place=civil_parish ou place=borough, e meter todos os datos da parroquia nese nodo (Wikipedia, Wikidata, poboación,...) e despois para admin_centre podemos escoller o lugar máis significativo ou a igrexa parroquial, pero deberíamos ser congruentes durante a importación. Os roles lineais serán os de outer e inner e deberíamos importar directamente os shapefiles, pero con ollo para non duplicar cos municipios, provincias, costa etc, que tamén hai que partir en segmentos para incluir na relation boudary da parroquia.--Iagocasabiell (talk) 16:01, 15 January 2021 (UTC)

Ola! Na páxina fun detallando ata agora o proceso xeral de importación dos datos do IET, e sobre todo para ter unha sección onde estea ben documentado o permiso de importación. As regras de importación e o que se comentou polas listas de import obrigan a tratar cada conxunto de datos por separado (un proxecto para cada grupo de elementos), e preferiblemente en inglés (facilita a aprobación na lista de imports, o cal é obrigatorio). Comento iso para subliñar que cada importación ten que ter o seu proxecto propio (ie. lugares separado de límites administrativos) e esta páxina debería ser un proxecto global. En cada páxina podemos definir todo o que vexades. E xa estiven a traballar nun primeiro borrador para solicitar na lista permiso para a importación: IET Import - Parishes.
Nalgunha importación que fixera empregara place=village, que si que certamente non é o máis axeitado. Con respecto a place=civil_parish e place=borough, vexo que place=civil_parish aínda non foi aceptado (Ou xa o está para o caso irlandés?) Creo que é suficiente usar place=borough co valor de admin_level=9, que é o inferior a concello. Non sei se sería preciso unha etiqueta label a maiores. En principio cun admin_level=* nun lugar céntrico ou representativo penso que abonda. Como nota de cousas que xa atopei, hai parroquias que teñen varias igrexas, algunhas que non teñen igrexas, porque están derruídas ou porque eclesiasticamente dependen dunha parroquia veciña etc. :) Mgl.branco (talk) 23:02, 15 January 2021 (UTC)

Presets e estilos para facilitar o etiquetado en JOSM

Para facilitar a labor de cartografado preparara eu un preset e un estilo para JOSM hai unha tempada, que se poden incluir dende as preferencias buscando Places_es.--Iagocasabiell (talk) 16:01, 15 January 2021 (UTC)